Comezamos!

Saúdos! Benvidas e benvidos a “sintonizadxs”, o blog do Programa SINTO-nizando, unha proposta resultado da colaboración entre o IES Xulián Magariños de Negreira e o Seminario EXDEHU (de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano) do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

SINTO-nizando é un Programa Integral de Educación Emocional e Social con Perspectiva de Xénero para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, para o seu profesorado e para as súas familias, que se financia a través da IV Convocatoria de Proxectos Escolares 2015/2016 da sección EducaBarrié da Fundación Barrié de la Maza.

No seguinte link podedes botar unha ollada, máis polo miúdo, aos obxectivos e contidos: http://www.educabarrie.org/gl/proyectos/sinto-nizando-programa-integral-de-educacion-emocional-e-social-con-perspectiva-de-xenero-

Este blog servirá ás persoas que participamos del para informar e difundir as actividades que se leven a cabo como parte do mesmo. Para que o coñezades/nos coñezades.

Así, rematando e comenzando a un tempo, recuperamos unhas de palabras de Franciso Mora (2012), que resumen á perfección á esencia de SINTO-nizando:

“A emoción é ese motor que todos/as levamos dentro. Unha enerxía codificada en certos circuitos neuronais localizados en zonas profundas do noso cerebro (no sistema límbico) que nos move e nos empurra <<a vivir>>, a querer estar vivos/as en interacción constante co mundo e con nós mesmos/as.”

Mil grazas e feliz día 🙂

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s